Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2018 Páx. 1206

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Agolada (expediente IN407A 2017/496-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Hidroeléctrica do Arnego, S.L.

Domicilio social: rúa Maior, 12, 36520 Agolada.

Denominación: LMTA e CT Carballeda.

Situación: Agolada.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 60 metros de lonxitude, con orixe no apoio 13 da LMT derivación a Aldea do Monte, o cal se substitúe por un apoio C-2000/14, e final no centro de transformación proxectado.Centro de transformación de 25 kVA, RT 20 kV/400 V, situado en Carballeda, Vilar, Agolada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 6 de setembro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra