Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2018 Páx. 1200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, do servizo de prevención alleo para a seguridade no traballo e a vixilancia da saúde na Administración xeral da Xunta de Galicia, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto e adxudicación baseada en multicriterios.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 95 73 31/981 54 42 85 e información de índole administrativa 981 54 45 17/981 54 45 48.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correos electrónicos:

contratacion.vicepresidencia@xunta.gal

prevencion.riscos.laborais@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=226135

8º. Data límite da obtención de documentación e información: ás 14.00 horas do día 23 de xaneiro de 2018.

d) Número do expediente: 2018–SESE 05–PL.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de prevención alleo para a seguridade no traballo e a vixilancia da saúde na Administración xeral da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución: o servizo axustarase ao establecido no prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: doce (12) meses contados desde o día seguinte ao da sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: si, por un prazo máximo igual ao do contrato.

g) CPV: 85121100 Servizos de medicina xeral.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na letra J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 1.788.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 715.200,00 €.

Importe total: 755.520,00 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: a indicada na letra E da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira: a solvencia económica e financeira xustificarase polos medios sinalados na letra F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: a solvencia técnica e profesional deberá acreditarse polo medios sinalados na letra G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 23 de xaneiro de 2018, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral da Xunta de Galicia no Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: Sala D do Complexo Administrativo de San Caetano. Edificio da Pirámide.

b) Enderezo: Complexo Administrativo de San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: o primeiro acto público, apertura do sobre B «Documentación acreditativa dos criterios non avaliables mediante a aplicación de fórmulas» terá lugar ás 12.00 horas, o día 5 de febreiro de 2018. O lugar, o día e a hora do segundo acto público, «Lectura da avaliación do sobre B» e da apertura do sobre C «Documentación acreditativa dos criterios avaliables mediante a aplicación de fórmulas», indicaranse oportunamente no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 14 de decembro de 2017.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza