Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2018 Páx. 1181

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 18 de decembro de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 22 de maio de 2017 (DOG núm. 100, do 29 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 240, do 19 de decembro) e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou o seguinte

ACORDO:

Modificar, baseándose nas alegacións presentadas, a puntuación obtida no segundo exercicio do proceso selectivo, que queda como segue, polo que, de acordo co establecido na base II.1.1.2 da convocatoria, así como na Resolución deste tribunal do 25 de outubro de 2017, superaría este exercicio:

DNI

Apelidos e nome

Puntuación

35456107C

García Lorenzo, María del Carmen

17,5

De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2017

Pablo Leis Mol
Presidente do tribunal