Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 4 de xaneiro de 2018 Páx. 1082

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de aprobación do expediente e prego de condicións técnicas, xurídicas e económico-administrativas que rexen a licitación da venda de catro parcelas de titularidade municipal no ámbito do SUR PPI número 5.

Mediante Decreto do 23 de outubro de 2017 foi aprobado o expediente e prego de condicións técnicas, xurídicas e económico-administrativas que rexen a licitación da venda de catro parcelas de titularidade municipal no ámbito do SUR PPI número 5 sitas no concello do Porriño, de conformidade co establecido no artigo 22 da Lei 7/1985, de bases de réxime local, mediante acordo que ten o seguinte contido literal.

«1º. Aprobar o prego de condicións técnicas, xurídicas e económico-administrativas que rexerá a licitación para a adxudicación da venda de 4 parcelas de titularidade municipal de 4.164,74 m2 e cunha edificabilidade máxima industrial de 3.760,34 m2 mediante procedemento aberto e de concurso.

2°. Aprobar o expediente de contratación e dispor a apertura do procedemento de adxudicación, convocando licitación mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia e taboleiro de edictos do concello e páxina web do concello.

3º. Unha vez rematado o prazo de presentación de ofertas déase conta das ofertas presentadas pola mesa de contratación ao órgano de contratación para a continuación do procedemento ata a adxudicación da licitación».

O que se fai público para xeral coñecemento para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que consideren convenientes no prazo de 30 días, en cumprimento do estipulado pola lexislación vixente.

O Porriño, 26 de outubro de 2017

Eva García de la Torre
Alcaldesa