Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 4 de xaneiro de 2018 Páx. 1043

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2017 pola que se convoca a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, das obras de reparación e acondicionamento do Centro Integrado de Formación Profesional de Coia (Vigo) (expediente 2017_007_SXT_OPL).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Proxectos e Obras.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Proxectos e Obras.

2º. Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfonos: 981 54 55 26/881 99 60 46.

4º. Fax: 981 54 01 18.

5º. Correo electrónico: contratosareaemprego@xunta.gal.

6º. Páxina web: http://www.xunta.gal/ceei/perfil-do-contratante.

7º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2017_007_SXT_OPL.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: o obxecto desta contratación é a realización das obras de reparación e acondicionamento do Centro Integrado de Formación Profesional de Coia (Vigo).

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: Centro Integrado de Formación Profesional de Coia (Vigo).

e) Prazo de execución/entrega: o sinalado na cláusula 2.4 do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP).

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Nomenclatura CPV (vocabulario común de contratos públicos): 45000000-7: traballos de construción.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase a cláusula 6 do PCAP.

4. Orzamento base de licitación: setenta e cinco mil novecentos noventa e oito euros con sesenta céntimos (75.998,60 €), IVE incluído.

Este expediente de contratación tramítase ao abeiro do disposto no artigo 110.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e na Orde do 11 de febreiro de 1998 sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 e pola Orde do 25 de outubro de 2001, polo que a adxudicación do contrato queda sometida á condición suspensiva de existencia de crédito axeitado e suficiente para financiar as obrigas derivadas do contrato nos orzamentos da Consellería de Economía, Emprego e Industria para o ano 2018.

Para levar a cabo estas actuacións terase en conta o indicado na Orde ESS/621/2017, do 20 de xuño, pola que se distribúen territorialmente para o exercicio económico de 2017, para a súa xestión por parte das comunidades autónomas con competencias asumidas, subvencións do ámbito laboral financiadas con cargo aos orzamentos xerais do Estado, incluíndo aquelas destinadas á execución do Programa de acción conxunto para a mellora da atención ás persoas paradas de longa duración ou a norma que a substitúa.

5. Valor estimado do contrato: sesenta e dous mil oitocentos oito euros con setenta e seis céntimos (62.808,76 €).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe base de licitación, IVE excluído, constituída ante a Caixa Xeral de Depósitos.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse as cláusulas 8.1.1. e) e f) do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos vinte e seis (26) días naturais. No cómputo do dito prazo inclúense os sábados, domingos e festivos, e cando o último día do prazo coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (situado no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), en horario de oficina ou por correo, dirixida á Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Proxectos e Obras da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido na cláusula 5.2 do PCAP.

c) Documentación para presentar: a sinalada no PCAP.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura do sobre A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.

Apertura do sobre B: apertura en acto público da documentación relativa aos criterios cuantificables mediante xuízos de valor.

Apertura do sobre C: apertura en acto público da documentación relativa aos criterios avaliables de forma automática mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na Plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=233677.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2017

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria