Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 4 de xaneiro de 2018 Páx. 1060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 14 de decembro de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada PO-331, p.q. 11+200 a 14+600, de clave PO/17/137.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados.

Para os efectos previstos no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, sométese ao trámite de información pública o documento do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV no contorno de TCA na estrada PO-331, p.q. 11+200 a 14+600, de clave PO/17/137.06. O ámbito de actuación sitúase na estrada PO-331, pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia, que atravesa o concello de Gondomar, nas parroquias de Zamáns e Vincios.

Este proxecto ten por obxecto definir, xustificar e valorar as obras necesarias para reducir e evitar, na medida do posible, a sinistralidade no treito comprendido entre os p.q. 11+200 e 14+600, mellorando a seguridade viaria nas zonas onde se concentran os accidentes.

As obras previstas comprenden as seguintes actuacións:

– Reordenación das principais interseccións, canalizando entradas e saídas.

– Supresión dos xiros á esquerda.

– Creación de novos puntos de cambio de sentido, con glorietas e carrís centrais de espera.

– Mellora da seguridade nos pasos de peóns, establecendo medidas que garantan a súa visibilidade.

– Adaptación da sinalización horizontal e vertical.

– Mellora do balizamento e defensas do treito.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (r/ Fernández Ladreda, 43, 1º, 4º, 36071 Pontevedra), e na casa do concello de Gondomar (praza Doutor Latino Salgueiro, 1, 36380 Gondomar, Pontevedra). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), está á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV no contorno de TCA na estrada PO-331, p.q. 11+200 a 14+600. Clave: PO/17/137.06.

Concello de Gondomar

Referencia

catastral

Titular

Tipo

Cultivo/uso

Superficie exprop. (m2)

Ben 1

Ben 2

Ben 3

1

3371505NG2637S

Alonso Rodríguez, Eduardo

Sistema xeral viario

Agrario

8

2

3371503NG2637S

Combustibles del Noroeste, S.A.

Sistema xeral viario

Industrial

25

3

2663101NG2626S

Otero Rodríguez, Plácido

S. núcleo rural

Industrial

solo sen edificar

39

22 m peche granito

4

2459401NG2625N

González Alonso, José

S. núcleo rural

Residencial

56

32 m peche granito

5

2459801NG2625N

Valverde Piñeiro, María Elena

Concepción e outros

S. núcleo rural

Residencial

13

8 m peche granito e

enreixado

1 traslado portal 2 follas

1 traslado portal 1 folla

6

2459806NG2625N

Pazos Pérez, Luisa

S. núcleo rural

Residencial

5

6 m peche ladrillo e

balaustrada

1 traslado portal 2 follas

1 traslado portal 1 folla

7

2459804NG2625N

Alonso Leiras, Manuel e Lameiro López, Mónica Pilar

S. núcleo rural

Residencial

40

22 m peche bloque e celosía

8

2456310NG2625N

Comesaña

Comesaña, Serafín

S. núcleo rural

Residencial

141

31 m peche bloque e celosía

1 traslado portal 2 follas

9

2256522NG2625N

Fernández Álvarez, Domingo

S. núcleo rural

Solo sen edificar

26

10

2256523NG2625N

Rial Domínguez, Dolores Laura

S. núcleo rural

Solo sen edificar

48

11

2256511NG2625N

Comesaña Piñeiro, Rafael

S. núcleo rural

Solo sen edificar

49

49 emparrado

12

2256510NG2625N

Rial Domínguez, Dolores Laura

S. núcleo rural

Solo sen edificar

14

13

2256509NG2625N

González

Fernández, Flora

S. núcleo rural

Solo sen edificar

1

14

2256524NG2625N

González Alonso, José

S. núcleo rural

Solo sen edificar

106

1 cartel

publicitario

15

2256525NG2625N

Fernández Pérez, Inocencio H.

S. núcleo rural

Solo sen edificar

194

16

2256527NG2625N

Figueroa Freiría, Félix e Comesaña Pérez, M. Carmen

S. núcleo rural

Residencial

64

36 m peche bloque

1

pórtico

17

2765309NG2626N

Otero Troncoso, Argentino

S. núcleo rural

Residencial

39

20 m peche granito e

enreixado

1 traslado portal 1 folla