A Orde do 31 de agosto de 2017 pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2016/17, establece no seu artigo 14.1 que o titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo xurado de selección ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que emitirá a correspondente resolución de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Unha vez resolta a convocatoria, publicadas as cualificacións provisionais obtidas polos candidatos e candidatas no portal educativo https://www.edu.xunta.gal, resoltas as reclamacións presentadas, vista a acta coa proposta definitiva do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios e por proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2016/17, ao alumnado que figura no anexo desta resolución.
Segundo. Esta resolución de adxudicación dos premios poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2017
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Premios extraordinarios nas modalidades de Música, Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2016/17
Modalidade de Música
Cód. |
Apelidos e nome |
Centro de estudos |
Importe |
104493 |
Rodríguez Otero, Marta |
CMUS Profesional Xoán Montes |
850 € |
124911 |
Morales Rejas, Laura |
CMUS Profesional de VIGO |
850 € |
109360 |
Hermida Rodríguez, Marina |
CMUS Profesional Manuel Quiroga |
850 € |
Modalidade de Danza
Cód. |
Apelidos e nome |
Centro de estudos |
Importe |
17405 |
Vázquez Barreiro, Alejandra |
CDAN Conservatorio Profesional de Danza da Coruña |
850 € |
Modalidade de Artes Plásticas e Deseño
Cód. |
Apelidos e nome |
Centro de estudos |
Importe |
20170929 |
Fernández Vázquez, M. Teresa |
Centro de Artes e Deseño AULA D de Vigo |
850 € |
136696 |
Vidal Míguez, Diego |
EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela |
850 € |