Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 3 de xaneiro de 2018 Páx. 330

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 18 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2016/3020-1, no concello de Ribeira.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada repotenciación de dous tramos da LMT PMR806, no concello de Ribeira (expediente IN407A 2016/3020-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 18 de decembro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/3020-1.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: repotenciación de dous tramos da LMT PMR806.

Concello: Ribeira.

Predio

Lugar

Titularidade proposta

Data de ocupación

6

Ordoño

María Muñiz Muñiz

19.12.2017

8

Ordoño

Benita Martínez Suárez

19.12.2017