Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 3 de xaneiro de 2018 Páx. 975

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2017 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, do servizo de coordinación tecnolóxica avanzada para o fomento das actuacións de desenvolvemento dixital de Galicia, no marco da Axenda dixital de Galicia 2020 (expediente AMT-2018-0003).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: AMT-2018-0003.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o servizo para o asesoramento estratéxico á coordinación e desenvolvemento das diferentes actuacións no marco da Axenda dixital de Galicia 2020.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto deste contrato será de 12 meses contado a partir do 1.4.2018. Se a data de formalización do contrato fose posterior a esta última, o prazo de execución de 12 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, anticipada de gasto e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Valor estimado: 926.100,00 € (IVE excluído).

5. Orzamento de licitación: 308.700,00 €, máis 64.827,00 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 373.527,00 € (trescentos setenta e tres mil cincocentos vinte e sete euros), que se distribúe nas seguintes anualidades:

• 2018: 231.525,00 € + 48.620,25 € (IVE 21 %) = 280.145,25 €.

• 2019: 77.175,00 € + 16.206,75 € (IVE 21 %) = 93.381,75 €.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=243800

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia e clasificación: ver a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 5.2.2018, de acordo o establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro da Amtega.

2º. Dirección: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas:

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 27.12.2017.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2017

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
P.D. (Acordo do 22.12.2017)
José Luis Somoza Digón
Xerente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia