Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 3 de xaneiro de 2018 Páx. 291

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 30 de novembro de 2017 pola que se modifica a autorización do centro privado Marcote, do concello de Vigo.

Advertido erro na Orde do 30 de novembro de 2017 que se cita, publicada no DOG nº 240, do mércores, 20 de decembro de 2017, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 57618, artigo 1. onde di: «Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades», debe dicir: «Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades».