Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 3 de xaneiro de 2018 Páx. 301

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 22 de decembro de 2017 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía.

Unha vez presentadas as renuncias dos vogais titulares e suplentes do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 12 de abril de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia número 85, do 4 de maio, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar as renuncias presentadas por Beatriz Ferro Soto como vogal titular e de Matilde Alonso Acosta como vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular do dito tribunal a José Manuel Camiño Soto, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, e como vogal suplente a Marta Ramos Lage, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2017

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda