Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 2 de xaneiro de 2018 Páx. 258

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2017 pola que se anuncia a licitación suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, do servizo de soporte técnico especializado e xestión de aplicacións e servizos TIC na Administración de xustiza (expediente AMT-2018-0004).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: AMT-2018-0004.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: ten por obxecto a prestación do servizo de soporte especializado para a atención directa aos usuarios vinculados á Administración de xustiza en Galicia (en adiante CSU Xustiza). O CSU Xustiza debe proporcionar un único punto de interlocución, centralizando as consultas, incidencias e peticións de servizo, así como un servizo avanzado de xestión e control dos programas e proxectos neste ámbito.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto deste contrato será de 24 meses contados a partir do 1 de xullo de 2018. Se a data de formalización do contrato fose posterior a esta última, o prazo de execución computarase desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria, anticipada de gasto e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Valor estimado: 6.330.858,84 euros (IVE excluído).

5. Orzamento de licitación: 2.637.857,85 euros, máis 553.950,15 euros, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 3.191.808,00 euros (tres millóns cento noventa e un mil oitocentos oito euros), que se distribúe nas seguintes anualidades:

• 2018: 659.464,46 euros + 138.487,54 euros (IVE 21 %) = 797.952,00 euros.

• 2019: 1.318.928,92 euros + 276.975,07 euros (IVE 21 %) = 1.595.903,99 euros.

• 2020: 659.464,47 euros + 138.487,54 euros (IVE 21 %) = 797.952,01 euros.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=243117

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia e clasificación: ver a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 5 de febreiro de 2018, de acordo o establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro da Amtega.

2º. Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido na letra 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas:

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no apartado K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 26.12.2017.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia