Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2017 Páx. 59531

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2017 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 19 de maio de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva.

No Diario Oficial de Galicia número 103, do 1 de xuño de 2017, publicouse a Resolución do 19 de maio de 2017 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva.

No punto segundo da dita resolución, establécese que o prazo de presentación de solicitudes rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:

a) Que, conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario.

b) O 30 de decembro de 2017.

Unha vez finalizado o prazo non se admitirán máis solicitudes. Non obstante o anterior, no suposto de existir remanente de crédito cando finalice o prazo, mediante acordo do Consello de Dirección do Igape, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, poderase ampliar o prazo anterior co límite do 31 de marzo de 2018.

Tendo en conta as solicitudes presentadas ata o momento e a previsión de solicitudes ata o 30 de decembro, non parece previsible a utilización do crédito cando finalice o prazo.

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 27 de decembro de 2017, acordou ampliar o prazo de presentación de solicitudes das bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Por todo o anterior, de conformidade co disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non se causan prexuízos a terceiros,

RESOLVO:

Artigo 1

Ampliar ata o 28 de marzo de 2018, inclusive, o prazo de presentación de solicitudes previsto na letra b) do punto segundo da Resolución do 19 de maio de 2017 mediante a que se lle deu publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva.

Artigo 2

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica