1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Augas de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Augas de Galicia.
2º. Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.
4º. Teléfono: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.
5º. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.
6º. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal, Portal de Transparencia de Galicia na web https://transparencia.xunta.gal, Plataforma de Contratación do Sector Público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augasdegalicia.xunta.gal/
8º. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
d) Número de expediente: OH.936.1138.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato administrativo de servizo.
b) Descrición: limpeza das dependencias de Augas de Galicia na zona hidrográfica Galicia-Sur, en Vigo (Pontevedra).
c) División por lotes e número de lotes: non.
d) Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).
e) Prazo de execución: vinte e oito (28) meses.
f) Admisión de prórroga: non se prevé prórroga que implique incremento de gasto.
g) CPV (referencia de nomenclatura): 90919200-4.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria de la licitación e anticipada de gasto.
b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.
c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.
4. Valor estimado do contrato: 39.992,70 euros.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 39.992,70 euros. Importe total: 48.391,17 euros.
6. Garantías exixidas. Provisoria: non se exixe. Definitiva (%): 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia: acreditarase indistintamente coa xustificación da clasificación no grupo U, subgrupo 1, categoría 1 ou no grupo U, subgrupo 1, categoría A ou mediante as condicións mínimas da solvencia económica e financeira coa cifra anual de negocios e da técnica e profesional coa relación dos servizos realizados cun importe mínimo, para cada unha delas, de 7.998,54 euros nos termos expresados no cadro de características do contrato e na cláusula 6.1.4.1 do prego administrativo.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: 22 de xaneiro de 2018.
b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego. O procedemento é documentalmente simplificado en relación coa documentación que se vai presentar no sobre A.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Augas de Galicia, no seu rexistro e nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas).
2º. Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15706.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre B.
9. Apertura das ofertas:
a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar e do sobre B coas ofertas que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.
b) Enderezo: Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira nº 18, baixo.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15706.
d) Data e hora: as aperturas en acto público do sobre B terá lugar o 6 de febreiro de 2018 ás 9.00 horas.
10. Gastos de publicidade: por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.
11. Outras informacións:
a) Admisión de melloras e modificacións contractuais previstas: poderanse ofertar melloras e prevese a posibilidade de eventuais modificacións contractuais nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.
b) As ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante fax, correo electrónico ou telegrama, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.
c) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado de tradución oficial.
d) Forma xurídica de agrupación de empresas, se é o caso: unión de empresarios.
e) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.
f) Apertura e valoración das ofertas dos sobres B: realizarase na data, na hora e no lugar sinalados neste anuncio. No caso de que este acto público de apertura das ofertas se modifique, farase pública esta circunstancia no perfil do contratante.
g) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A e B, así como da adxudicación e formalización do contrato, faranse públicas no perfil do contratante.
h) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.
i) Expediente anticipado de gasto: esta contratación está suxeita á condición suspensiva da existencia de crédito axeitado e suficiente para financiar as obrigas que dela se derivan no exercicio correspondente.
Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2017
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia