Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2017 Páx. 59711

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO do Plan parcial relativo ao sector de solo urbano delimitado Sud-RO6-avenida de Vigo.

A Xunta de Goberno local, na súa sesión con data do 1.8.2016, adoptou, entre outros, o acordo de aprobar inicialmente o documento do plan parcial relativo ao sector de solo urbanizable delimitado SUD-R06-avenida de Vigo do PXOM en vigor (memoria e planos, de data xullo de 2016 –sen visar, asinado polo arquitecto, Ramón Corrochano Royo, SITAG Arquitectura–). Ese acordo determinou, por si só, a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento, no caso de que as novas determinacións deste supoñesen a modificación da ordenación urbanística vixente. Para estes efectos, inseriuse/determinouse expresamente a área afectada pola suspensión. Esta suspensión terá unha duración máxima de 2 anos, contado desde a devandita aprobación inicial, e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento. Mentres dure a suspensión poderán autorizarse usos e obras provisionais nos termos do artigo 89 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

O nomeado plan parcial, así como o expediente administrativo do que trae causa, sometéronse a un primeiro trámite de información pública durante o prazo de 2 meses, computado a partir da data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia núm. 154, do 17 de agosto de 2016, sen prexuízo da súa publicación nun dos xornais de maior difusión na provincia (Faro de Vigo, do 18.8.2016), así como da súa inserción no taboleiro municipal de editos e anuncios, e na páxina web municipal.

Logo das modificacións pertinentes froito da análise das alegacións inicialmente presentadas, dos informes da oficina técnica municipal e do condicionado dos informes sectoriais preceptivos, presentouse un documento refundido do devandito plan parcial para a súa aprobación definitiva (de data decembro de 2017 –sen visar–, asinado polo arquitecto, Ramón Corrochano Royo, SITAG Arquitectura).

O amentado documento refundido do plan parcial, así como o expediente administrativo do que trae causa, sométense a novo trámite de información pública durante o prazo de 2 meses, computado a partir da data de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, e sen prexuízo da súa publicación nun dos xornais de maior difusión na provincia, así como da súa inserción no taboleiro municipal de edictos e anuncios, e na páxina web municipal.

Lugar e horario de exhibición: dependencias do Departamento de Urbanismo, Casa do Concello (3º andar). De luns a venres (agás festivos), entre as 9.00 e as 14.00 horas.

A Estrada, 15 de decembro de 2017.

José C. López Campos
Alcalde

missing image file