Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2017 Páx. 59703

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO de convocatoria de praza de técnico de ambiente e praza de operario de pa.

Por Decreto da Alcaldía, número 2016/G003/000061, foi aprobada a oferta de emprego público.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña, número 236, do 15 de decembro de 2016, aparecen publicadas as bases xerais do proceso selectivo para unha praza de técnico de ambiente e unha praza para operario de pa.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña, número 200, do 20 de outubro de 2017, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras das convocatorias do proceso de selección de persoal laboral fixo, mediante sistema de concurso-oposición, para o acceso a unha praza de técnico de ambiente e unha praza para operario de pa.

Abegondo, 30 de outubro de 2017

José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde