Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2017 Páx. 59680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2017 pola que se anuncia a licitación, non suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto multicriterio, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, do contrato de servizo de clave AC/08/064.01.1 e dúas máis.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Área de Contratación e Administración.

2º. Domicilio: Edificios Administrativos San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 981 54 49 86.

5º. Telefax: 981 54 47 91.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.gal

2. Obxecto de cada contrato:

a) Descrición: contrato de servizo para o control e vixilancia da obra: reforma núm. 2 do acondicionamento da AC-406 Portomouro-Santa Comba. Treito: parque empresarial de Santa Comba-Abuín.

Clave do expediente: AC/08/064.01.1. Referencia: AT/030/2017.

Orzamento base de licitación: 158.784,79 €, sen IVE. IVE: 33.344,81 €. Importe total: 192.129,60 €.

Prazo de execución: 20 meses. Posible prórroga 10 meses.

Valor estimado do contrato: 179.248,03 €.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=239842

División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

b) Descrición: contrato de servizo para a realización de labores de seguridade e saúde da obra: reforma núm. 2 do acondicionamento da AC-406 Portomouro-Santa Comba. Treito: parque empresarial de Santa Comba-Abuín.

Clave do expediente: AC/08/064.01.1. Referencia: AT/031/2017.

Orzamento base de licitación: 15.850,80 €, sen IVE. IVE: 3.328,67 €. Importe total: 18.228,42 €.

Prazo de execución: 18 meses. Posible prórroga 9 meses.

Valor estimado do contrato: 18.228,42 €.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=239843

División por lotes e número de lotes/Número de unidades: non.

c) Descrición: contrato de servizo para a execución do control e vixilancia ambiental da obra: reformado núm. 2 do acondicionamento da AC-406 Portomouro-Santa Comba. Treito: parque empresarial de Santa Comba-Abuín.

Clave do expediente: AC/08/064.01.1. Referencia: AT/032/2017.

Orzamento base de licitación: 15.660,40 €, sen IVE. IVE: 3.288,68€. Importe total 18.949,08 €.

Prazo de execución: 18 meses. Posible prórroga 9 meses.

Valor estimado do contrato: 18.009,46 €.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=239844

División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Garantías exixidas.

Garantía definitiva: segundo o especificado no parágrafo H do cadro de características.

5. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional:

a) Solvencia económica e financeira: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.1 e 3.3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, e o punto J do cadro de características deste.

b) Solvencia técnica: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares, punto K do cadro de características.

c) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares de conformidade co disposto nos artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará o décimo quinto día natural, seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) Documentación necesaria: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo de Santiago de Compostela e segundo se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2º. Domicilio: Edificios Administrativos San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses conforme ao artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011 do 14 de novembro.

7. Apertura de sobre B e sobre C: terá lugar na data e hora que será anunciada no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.gal/, con dous días hábiles de antelación á realización do acto público de apertura dos sobres B e C, na sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas, da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

Se por algún motivo houber que modificar o acto público de apertura dos sobres B e C, reflectirase a nova data no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.gal/

8. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 3.6 (constitución e funcionamento da mesa), do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG: por liña 10,82 euros.

10. No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación, prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas