Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2017 Páx. 59534

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se actualiza a relación de potenciais destinos do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos, convocado mediante a Resolución do 29 de novembro de 2017.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 20 de novembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 227, do 29 de novembro) aprobáronse as bases do procedemento de concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario do Sistema público de saúde de Galicia.

Na súa base 3.5.1 disponse que o formulario de participación fará visibles, para a súa selección polo/a concursante, os potenciais destinos, prazas básicas do cadro de persoal das institucións sanitarias, a que poderá optar o/a profesional en función da súa categoría/especialidade de pertenza, con independencia da súa ocupación na data de solicitude por persoal temporal ou fixo. Tales destinos identificaranse por centro, localidade e, se for o caso, quenda de traballo.

De conformidade coa disposición derradeira da antedita resolución, con data do 30 de novembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 228) convocouse concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario de xestión e servizos.

Ao resultar necesario efectuar unha actualización na relación publicada en Fides/expedient-e dos potenciais destinos das categorías de celador/a e persoal de servizos xerais, esta dirección, en virtude das facultades conferidas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 47, do 7 de marzo) e o artigo 4 da Orde do 5 de xullo de 2012 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 139, do 20 de xullo),

RESOLVE:

Primeiro. Actualizar a relación publicada en Fides/expedient-e dos potenciais destinos aos cales poden optar os/as profesionais das categorías de celador/a e persoal de servizos xerais, coa inclusión, desde a data de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, dos destinos que se indican no anexo.

Segundo. Os/as aspirantes das categorías de celador/a e persoal de servizos xerais que formalizasen e presentasen por rexistro electrónico o seu formulario de participación no concurso de traslados e desexen efectuar unha modificación deste para incorporaren algún dos destinos relacionados no anexo, deberán efectuar esta modificación a través de Fides/expedient-e. Para iso, o/a profesional deberá acceder ao seu formulario de inscrición, xa formalizado, efectuar sobre este os cambios na selección de prazas que considere oportunos e presentar o formulario de participación coas modificacións efectuadas, por rexistro electrónico, nos termos que se indican na Resolución do 20 de novembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 227, do 29 de novembro).

Aqueles/as profesionais destas categorías que, tendo presentado a súa solicitude de participación no concurso, non desexen efectuar ningunha modificación no/s destino/s seleccionado/s, non terán que realizar ningunha actuación.

Terceiro. Con carácter excepcional, para as categorías de celador/a e persoal de servizos xerais, e exclusivamente para o primeiro ciclo de adxudicación, admitiranse as solicitudes de participación e petición de destinos que consten rexistradas en Fides/expedient-e e formalmente presentadas ata o 31 de xaneiro de 2018.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2017

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Prazas ofertadas

Celador/a

Código

Centro directivo

Centro/s

Concello/s

Área sanitaria

Quenda

6300044

EOXI da Coruña

Arteixo PAC

Arteixo

Coruña, A

PAC

41000044

EOXI da Coruña

Oleiros PAC

Oleiros

Coruña, A

PAC

62700044

EOXI da Coruña

Vimianzo PAC

Vimianzo

Coruña, A

PAC

35900044

EOXI de Ferrol

Narón PAC

Narón

Ferrol

PAC

11800044

EOXI de Pontevedra e O Salnés

Bueu PAC

Bueu

Pontevedra

PAC

47700044

EOXI de Pontevedra e O Salnés

Pontevedra-Poio PAC

Pontevedra

Pontevedra

PAC

55000044

EOXI de Pontevedra e O Salnés

Sanxenxo PAC

Sanxenxo

Pontevedra

PAC

1300044

EOXI de Santiago de Compostela

A Estrada PAC

Estrada, A

Santiago de C.

PAC

10300044

EOXI de Santiago de Compostela

Bertamiráns PAC

Ames

Santiago de C.

PAC

26800044

EOXI de Santiago de Compostela

Lalín PAC

Lalín

Santiago de C.

PAC

35300044

EOXI de Santiago de Compostela

Muros PAC

Muros

Santiago de C.

PAC

36900044

EOXI de Santiago de Compostela

Negreira PAC

Negreira

Santiago de C.

PAC

44400044

EOXI de Santiago de Compostela

Padrón PAC

Padrón

Santiago de C.

PAC

49700044

EOXI de Santiago de Compostela

Rianxo PAC

Rianxo

Santiago de C.

PAC

54700044

EOXI de Santiago de Compostela

Santiago de Compostela PAC

Santiago de Compostela

Santiago de C.

PAC

46500044

EOXI de Vigo

Ponteareas PAC

Ponteareas

Vigo

PAC

Persoal de servizos xerais

Código

Centro directivo

Centro/s

Concello/s

Área sanitaria

Quenda

87800161

EOXI da Coruña

O Portádego

Culleredo

Coruña, A

Mañá