Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2017 Páx. 59084

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación do inicio do prazo de xustificación de representación, emenda e mellora, en relación co expediente de concentración parcelaria de Estás-Goián-Figueiró (Tomiño), en modificacións ao acordo de concentración.

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou sendo o seu domicilio descoñecido, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (avenida Fernández Ladreda, nº 43, 2º andar) en Pontevedra, teléfono 986 80 54 54.

Pontevedra, 13 de decembro de 2017

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

MA-22

Camilo Sio Castro

Solicitude de representación

MA-31

Dulcísima Bouzada Fernández

Solicitude de representación

MA-49

José Luis Pérez Acuña

Solicitude de representación

MA-145

Juan Ramón Crespo Cruciña

Solicitude de representación

MA-121

Nativo Agustín Martínez Rodríguez

Solicitude de representación

MA-141

Adegas Galegas, S.L.

Solicitude de representación

MA-105

Nahir Martínez Moure

Emenda e mellora