Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2017 Páx. 58487

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (expediente As-98/2017).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: As-98/2017.

2. Obxecto do contrato: servizo de vixilancia e custodia no edificio ocupado pola Área de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda (antigo Cuartel de Intendencia). Duración: un ano prorrogable por un máis.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: 165.200 € anuais (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata o día 8 de xaneiro de 2018. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura das proposicións económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxanse os pregos reguladores da contratación.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 1 de decembro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto do 28.6.2017)
Alberto Lema Suárez
Tenente de alcalde delegado da Área de Emprego e Economía Social