Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2017 Páx. 58454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 9 de novembro de 2017 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Mar Blanco III.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Mar Blanco III e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 31 de xullo de 2017, Román Otero Pérez (35430476B) solicitou autorización para a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Mar Blanco III.

Segundo. O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servizo de Planificación e Xestión da Acuicultura sobre a tramitación do expediente, son favorables.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG nº 243, do 15 de decembro) e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG nº 180, do 21 de setembro).

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Román Otero Pérez (35430476B), Román Otero Fuentes (35476153X) e Luciano Otero Fuentes (35489955N), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Mar Blanco III.

Situación:

Cuadrícula nº: 62.

Polígono: D.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividad.

Orde de outorgamento: 21.9.1979.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Román Otero Pérez (35430476B) e Milagros Fuentes Paz (35435350D).

Novos titulares: Román Otero Pérez (35430476B), Román Otero Fuentes (35476153X) e Luciano Otero Fuentes (35489955N).

Os novos titulares da concesión subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 9 de novembro de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo