Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2017 Páx. 58447

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 28 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se notifica a resolución do expediente de procedemento de nomeamento de veterinario actuante do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a resolución do expediente de procedemento de nomeamento de veterinario actuante do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos a Sonia Núñez Castro, con NIF *****972-E, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos e non sendo posible a súa práctica.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que a interesada se entenderá notificada desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada poderá comparecer, para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Servizo de Conservación da Biodiversidade, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a resolución do expediente referido, que non pon fin á vía administrativa, poderá a interesada poñer recurso de alzada, ante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no prazo dun mes, conforme o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que xulgue pertinente.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2017

Ana María Díaz López
Directora xeral de Patrimonio Natural