Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2017 Páx. 58471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo, non suxeito a regulación harmonizada, relativo á realización do stand e servizos complementarios para a participación desta axencia en feiras ou certames, mediante procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 4 de xullo de 2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: realización dos traballos de deseño, realización, decoración, equipamentos, montaxe e desmontaxe, posta en funcionamento, mantemento, limpeza, equipación, seguros, transportes e almacenaxe do stand que utilizará a ATG para a súa presenza nas feiras ou certames, e servizo da xestión, pagamento, coordinación do aloxamento, transportes, loxística necesaria para as viaxes e estadías do persoal interno e externo designado pola ATG.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 600.000,00 €.

IVE (21 %): 126.000,00 €.

Importe total (IVE incluído): 726.000,00 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 20 de outubro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 20 de novembro de 2017.

c) Adxudicataria: Viajes El Corte Inglés, S.A., NIF A28229813.

d) Importe de adxudicación: importe sen IVE: 513.013,13 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia