Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2017 Páx. 58295

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 13 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-PO-0746/2017-PPM e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-PO-0746/2017-PPM e un máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que consideren oportunos. No mesmo prazo, ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

Vigo, 13 de decembro de 2017

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0746/2017-PPM

Beatriz Dieste Seoane

35466268S

Proposta de resolución

A Cerca, 27, 3º B, Vilanova de Arousa

PSC-PO-0747/2017-PPM

José Luis Iglesias Dios

35466508W

Proposta de resolución

Avda. Castelao, 79, A Illa de Arousa