Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2017 Páx. 58284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 15 de novembro de 2017 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas R. VI, Majo VI, U.V e Majo IV.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas R. VI, Majo VI, U.V. e Majo IV, e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escritos do 12 de abril de 2017, José Benito Santos Abal (35431537-Z) solicitou autorización para a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas R. VI, Majo VI, U.V. e Majo IV.

Segundo. O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características das bateas e do Servizo de Planificación e Xestión da Acuicultura sobre a tramitación dos expedientes son favorables.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG nº 243, do 15 de decembro) e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG nº 180, do 21 de setembro).

Segunda. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de José Benito Santos Abal (35431537-Z), das concesións administrativas e das bateas que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: R. VI.

Situación:

Cuadrícula número: 205

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 12.6.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: José Benito Santos Abal (35431537-Z) e María Esther Gonzálvez Abalo (35433213-B).

Novo titular: José Benito Santos Abal (35431537-Z).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Majo VI.

Situación:

Cuadrícula número: 8.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 24.7.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: José Benito Santos Abal (35431537-Z) e María Esther Gonzálvez Abalo (35433213-B).

Novo titular: José Benito Santos Abal (35431537-Z).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: U.V.

Situación:

Cuadrícula número: 186.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 23.10.1963.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: José Benito Santos Abal (35431537-Z) e María Esther Gonzálvez Abalo (35433213-B).

Novo titular: José Benito Santos Abal (35431537-Z).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Majo IV.

Situación:

Cuadrícula número: 22.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 24.7.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: José Benito Santos Abal (35431537-Z) e María Esther Gonzálvez Abalo (35433213-B).

Novo titular: José Benito Santos Abal (35431537-Z).

O novo titular das concesións subrógase nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 15 de novembro de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo