Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT subestación Vimianzo - subestación parque eólico Muxía, no concello de Muxía (expediente IN407A 2007/396-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 12 de decembro de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2007/396-1.
Entidade beneficiaria: EDP Renovables España, S.L.U.
Denominación da instalación: LAT subestación Vimianzo - subestación parque eólico Muxía.
Concello: Muxía.
Predio |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
10-1 |
Autovía Carballo-Berdoias |
20.11.2017 |