Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2017 Páx. 58253

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da subministración sucesiva e por prezo unitario de material de oficina non inventariable con destino a esta consellería mediante acordo marco celebrado cun único empresario (anticipado de gasto) (expediente 5/2018 SXT).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación e Apoio Administrativo.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 981 54 43 23.

5º. Telefax: 981 54 43 66.

6º. Correo electrónico: contratacion.civ@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=238472

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 19.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 5/2018 SXT.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: o obxecto do acordo marco é a selección dun único empresario para a subministración sucesiva e por prezo unitario de material de oficina non inventariable con destino á Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

c) Prazo de vixencia: o prazo de vixencia do acordo marco esténdese desde a súa sinatura ata o 31 de decembro de 2018 de acordo ao establecido na letra K do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 30.197.000-6; 30.193.700-5; 22.815.000-6; 30.192.121-5; 19.640.000-4; 22.816.000-3; 39.227.200-1; 39.132.300-9; 30.234.400-2; 44.424.200-0; 30.192.900-0; 30.197.220-4; 30.199.760-5; 30.197.643-5; 30.199.210-5; 22.852.100-8; 30.192.100-2; 30.197.110-0; 30.192.130-1; 30.192.132-5; 31.420.000-6; 30.192.131-8; 30.192.124-6; 30.197.321-2; 30.199.230-1; 18.938.000-3; 22.852.000-7; 30.193.600-4; 30.192.111-2; 30.192.400-5; 39.241.200-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os especificados na letra J do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 47.520,66 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 41.322,31 €. Importe total: 50.000 €.

b) Garantías exixidas:

Definitiva (%): dada a natureza do acordo marco, non se exixe. Non obstante, na adxudicación dos contratos derivados deste acordo marco será necesaria a constitución de garantía definitiva dun 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído) cando o importe do pedido sexa igual ou superior a 15.000,00 euros (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada nas letras F e G do seu cadro de características.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincidir en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: a sinalada no número 10.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Dirección: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura do sobres B e C.

9. Subcontratación: de acordo co establecido no número 9.2 do anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda