Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2017 Páx. 58139

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, para a ampliación da sección do Camiño do Alivio, O Seixo.

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, comunícase que o Concello de Tomiño, en sesión plenaria que tivo lugar o día 13 de decembro de 2017, acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, para la ampliación da sección do Camiño do Alivio, O Seixo-Tomiño.

Así mesmo, acordouse someter a información pública, polo período dun mes, o referido proxecto, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos, así como proceder á notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do xusto prezo, por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Nº predio

Referencia catastral

Clasificación solo

Superficie que se expropiará (m2)

Importe que se pagará (€)

Titular

DNI/NIF

1

1490002NG2419S0001HV

Urbano

69,78 edif.

22.251,80

Hros. de Estrella Álvarez Orduña

2

1490003NG2419S0001WW

Urbano

61,66 edif.

16,45 m2c.

43.074,95

Marco A. González

Jack González

Víctor González

Felipe González

X3760299Y

X3784188K

X3784201B

X3784218M

Tomiño, 18 de decembro de 2017

Sandra González Álvarez
Alcaldesa