Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2017 Páx. 58085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 30 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental sobre o proxecto de construción dun poliduto e instalacións auxiliares para a descarga de cru no porto exterior de Punta Langosteira, nos concellos de Arteixo e A Coruña, promovido pola empresa Repsol Petróleo, S.A., (clave do expediente 2015/0162).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, punto 3, faise público a declaración de impacto ambiental do 27 de novembro de 2017 relativo ao proxecto de construción dun poliduto e instalacións auxiliares para a descarga de cru no porto exterior de Punta Langosteira, nos concellos de Arteixo e A Coruña (A Coruña), promovido pola empresa Repsol Petróleo, S.A.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático