Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2017 Páx. 57998

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 20 de decembro de 2017 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga que afectará o persoal da empresa que presta servizos de mantemento no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, que se desenvolverá con carácter indefinido a partir das 00.00 horas do 26 de decembro de 2017.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental da persoa o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG núm. 116, do 20 de xuño), entre os cales se encontra a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros ou conselleiras competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento dos tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación.

Os representantes do persoal da empresa Veolia Servicios Norte, S.A.U. que presta servizos de mantemento industrial no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, comunicaron a convocatoria dunha folga que se desenvolverá, con carácter indefinido, desde as 00.00 horas do día 26 de decembro de 2017.

Unha vez outorgada audiencia ao comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1

A folga referida entenderase condicionada ao mantemento dos servizos mínimos, segundo os criterios que se establecen nesta orde.

Os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a axeitada cobertura do servizo esencial de asistencia sanitaria, para os efectos de evitar que se produzan graves prexuízos á cidadanía.

Os citados mínimos responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible do exercicio do dereito á folga coa atención á poboación, que baixo ningún concepto pode quedar desasistida, polas características do servizo dispensado.

A folga convocada afecta todos os traballadores/as da empresa Veolia Servicios Norte, S.A.U., que prestan servizos de mantemento integral no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo e ten carácter indefinido. Estas circunstancias e a necesidade de garantir a presenza dun mínimo de persoal que poida atender de forma permanente a actividade imprescindible nese ámbito -sobre todo a reparación de eventuais avarías nos equipos e instalacións- determinan que se opte, como criterio reitor para a fixación dos servizos mínimos, pola presenza do 50 % dos efectivos habituais por quenda e categoría.

Artigo 2

A determinación do persoal necesario con base no criterio anterior faraa a empresa coordinadamente coa Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, e a súa fixación deberá estar adecuadamente motivada.

A xustificación debe contar no expediente de determinación de mínimos e exteriorizarse axeitadamente para xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as presenzas mínimas.

O persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicado nos taboleiros de anuncios con antelación ao comezo da folga.

A designación nominal de efectivos que deben cubrir os servizos mínimos, que deberá recaer no persoal de xeito rotatorio, será determinada pola empresa e notificada ao persoal designado.

O persoal designado como servizo mínimo que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outro/a traballador/a que voluntariamente acepte o cambio de xeito expreso.

No anexo desta resolución recóllese o número de efectivos de servizos mínimos acordado para cubrir as xornadas de folga.

Artigo 3

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE núm. 58, do 9 de marzo).

Artigo 4

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios/as dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base nas normas vixentes.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2017

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

1. Mantemento de Electromedicina.

Hospital Álvaro Cunqueiro e Hospital Nicolás Peña:

– Electrónicos.

L

M

Me

X

V

Mañá

2

2

2

2

2

Tarde

2 (*)

2 (*)

2 (*)

2 (*)

2 (*)

(*) Un dos técnicos da quenda de tarde fará a garda localizada de noites, sábados, domingos e festivos, para os tres hospitais.

Hospital Meixoeiro:

– Electrónicos.

L

M

Me

X

V

Mañá

2

2

2

2

2

Tarde

2 (*)

2 (*)

2 (*)

2 (*)

2 (*)

2. Central de Abastecemento e Tratamento de Auga (CATA).

Hospital Álvaro Cunqueiro, Hospital Meixoeiro e Hospital Nicolás Peña:

– Fontaneiros/calefactores.

L

M

Me

X

V

S

D

Mañá

1

1

1

1

1

1

1

3. Subministracións e Xestión Enerxética.

Hospital Álvaro Cunqueiro:

– Electricistas/frigoristas.

L

M

Me

X

V

Mañá-tarde

1

1

1

1

1

4. Mantemento xeral.

Hospital Álvaro Cunqueiro e lavandaría Hospital Meixoeiro:

– Electricistas.

L

M

Me

X

V

S

Mañá

1

2

1

1

1

2

Tarde

2

1

2

2

2

1

– Calefactores.

L

M

Me

X

V

S

Mañá

2

1

2

2

2

1

Tarde

1

2

2

1

2

1

– Mecánicos/condutores instalacións.

L

M

Me

X

V

S

Mañá

2 (*)

2 (*)

3 (*)

3 (*)

3 (*)

1

Tarde

2

2

2

2

2

1

(*) Un dos técnicos da quenda de mañá cubrirá o servizo da lavandaría do H. Meixoeiro.

– Xefes de equipo/encargados.

L

M

Me

X

V

S

Mañá

1

1

1

1

1

1

Tarde

1

1

1

1

1

0

Noites, domingos e festivos: 1 electricista, 1 calefactor e 1 mecánico/condutor de instalacións.

5. Administración.

Hospital Álvaro Cunqueiro:

– Administrativos.

L

M

Me

X

V

Mañá-tarde

1

1

1

1

1

– Enxeñeiros.

L

M

Me

X

V

Mañá-tarde

3

3

3

3

3