Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 21 de decembro de 2017 Páx. 57851

IV. Oposicións e concursos

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2017 pola que se ordena a publicación do Acordo da Comisión de Goberno que resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante.

En virtude das competencias que me corresponden conforme o artigo 10 do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas,

RESOLVO:

Facer público o Acordo do 4 de decembro de 2017, da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, polo que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2017

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

Acordo do 4 de decembro de 2017, da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, polo que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante

Tras ser convocada a provisión polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante no Consello de Contas de Galicia e publicada no Diario Oficial de Galicia nº 205, do 27 de outubro de 2017, a Comisión de Goberno da institución, na súa reunión do 4 de decembro de 2017, e no uso das facultades conferidas polo artigo 9.2.c) da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas,

ACORDOU:

Primeiro. Adxudicar destino no posto de traballo que se indica ao funcionario que se expresa no anexo deste acordo, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria.

Segundo. O cesamento no actual destino do funcionario producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino o funcionario está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento se non implica cambio de residencia, no prazo de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, ou de vinte días hábiles se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A toma de posesión realizada dentro do prazo referido dilixenciarase e tramitarase conforme as disposicións que regulan a materia.

Cuarto. Contra este acordo, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o Pleno do Consello no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Contra a resolución do recurso de alzada, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido nos artigos 10.1.ap.c e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

ANEXO

Apelidos e nome: Villanueva Rodríguez, Ulpiano L.

NRP/DNI: 3328776135 A207E.

Subgrupo: A1.

Corpo/escala: escala superior de finanzas da Administración da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: auditor-director técnico de gabinete.

Código do posto: CC.F01.03.01.

Nivel: 28.

Localidade: Santiago de Compostela.