Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 21 de decembro de 2017 Páx. 57977

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2017 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, para a contratación dun servizo de xestión de incidencias e apoio ao departamento de sistemas deste organismo.

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Número de expediente: CGSIB/001/17/SE/SIST.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: contratación dun servizo de xestión de incidencias e apoio ao departamento de sistemas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

a) Lugar de execución: Galicia.

b) Prazo de execución: dous (2) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria, anticipada de gasto e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento de licitación:

Importe total: 424.214,80 euros, IVE incluído.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: si. (5 % do importe de adxudicación excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: Edificio Administrativo de San Lázaro. Rúa San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono de información: 881 99 64 00.

e) Telefax: 881 99 64 04.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.igualdadebenestar.org.

7. Requisitos específicos do/a contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares e no cadro de especificacións.

c) Solvencia técnica: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares e no cadro de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do día 17 de xaneiro de 2018.

b) Documentación que se ten que presentar: a que figura na cláusula 6ª do prego de cláusulas administrativas particulares e na letra R da folla de especificacións; deberá figurar no exterior dos sobres o CIF de quen licita. No caso de se trataren de persoas inscritas no Rexistro de Contratistas indicarase o número de rexistro no exterior do sobre.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Lázaro. Rúa San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Prazo durante o cal a persoa que licita estará obrigada a manter a súa oferta: ver prego.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: Edificio Administrativo de San Lázaro. Rúa San Lázaro s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: a apertura en acto público do sobre B terá lugar na sala de xuntas do Consorcio o 24 de xaneiro de 2018, ás 10.00 horas, e do sobre C na data e hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.

10. Outras informacións:

– Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Criterios de valoración: os que se enumeran coas súas valoracións nos pregos e no perfil de contratante.

– Apertura dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizarase con anterioridade á apertura e valoración do sobre C. No caso de que a apertura do sobre B se atrase, farase publica a nova data mediante notificación por fax aos licitadores presentados e no perfil de contratante.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 4.12.2017.

12. Gastos dos anuncios: os anuncios da presente licitación serán por conta da persoa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2017

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar