Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 21 de decembro de 2017 Páx. 57954

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2017 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria, do contrato administrativo especial da xestión e explotación do servizo de cafetaría no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo (expediente 2/2018).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo especial.

b) Descrición do obxecto: xestión e explotación do servizo de cafetaría no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo (Pontevedra).

c) División por lotes e número: non leva.

d) Prazo de execución: un (1) ano desde o día seguinte ao da data de formalización do contrato.

e) Admisión de prórroga: si, por outro ano máis.

f) CPV: 55330000-2 e 55510000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: criterios avaliables de xeito automático, recollidos na alínea M da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Orzamento base do canon: mínimo 70 €/ano.

5. Financiamento: non significa gasto para a Administración.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe. Non obstante se o licitador conta coa clasificación: grupo M, subgrupo 6, categoría 1 ou A , está exento de presentar solvencias.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas alíneas I e J da folla de especificacións.

7. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe. Definitiva: pola contía do dobre do canon anual ofertado do contrato.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Domicilio: Edificio Administrativo nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 44/981 54 40 46 (consultas administrativas) 886 11 08 46 /886 11 08 53 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Correo electrónico: licitacion.mar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=234998

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante télex, fax (981 54 50 03), correo electrónico (licitacion.mar@xunta.gal), burofax o telegrama.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a data e a hora que se indique na páxina web expresada no punto 8.g) deste anuncio.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017; DOG nº 180, do 21 de setembro)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar