Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 21 de decembro de 2017 Páx. 57950

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 13 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento BS611A competencia desta xefatura territorial (expediente CO216798).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a resolución á persoa interesada que se sinala no anexo ou aos seus representantes debidamente acreditados.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada ou os seus representantes debidamente acreditados poderá comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, sitas no Edificio Administrativo, ala Sur, Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida a partir do día seguinte ao do vencemento indicado para comparecer.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer demanda, perante a xurisdición social, no prazo de trinta (30) días contados desde a recepción deste escrito, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 13 de novembro de 2017

María Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Contido do acto

Data da resolución

Nº de expediente

DNI

Apelidos e nome

Resolución desestimatoria de reclamación previa

5.10.2017

CO216798

-

Vázquez Fernández, Teo Yin