Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 21 de decembro de 2017 Páx. 57898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 16 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cabanas (expediente IN407A 2017/150-1).

Expediente: IN407A 2017/150-1.

Solicitante: Sucesores de Manuel Leira, S.L.

Denominación: LMTS, CT Noa Madera e CT Noa Madera.

Concello: Cabanas.

Características técnicas:

Centro de transformación interior CT Noa Madera, en envolvente prefabricada de formigón, incluíndo dúas celas de entrada/saída de liña motorizadas e unha cela de protección mediante fusibles para un transformador 15.000 V/400 V de 160 kVA, para servizos auxiliares e a conexión de rede de baixa tensión de distribución, no polígono de Vilar do Colo (Cabanas).

Liña soterrada dobre circuíto a 15/20 kV, en condutor tipo RHZ1-2OL 3×(1×240) mm2 AI, de 7 metros de lonxitude, con orixe e final na arqueta proxectada unha vez que entre e saia nas celas de liña do centro de tranformación proxectado.

Cadro de BT de catro (4) saídas e interruptor diferencial para conexión coa rede existente de baixa tensión.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 16 de novembro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña