Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 21 de decembro de 2017 Páx. 57922

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 11 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2017/182-1 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñeren recurso de alzada, ante a Secretaría Xeral de Emprego, Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como para comprobaren o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles que, de non interpoñeren recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 29 do mes seguinte da notificación.

– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte á notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 11 de decembro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

1. Expediente: RL 2017/182-1.

Acta inf. nº: I152017000029762.

Empresa: Excavaciones y Obras Galicia, S.L.

NIF: B15317134.

Concello: Santa Comba.

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 14.11.2017.

2. Expediente: RL 2017/438-1.

Acta inf. nº: I152017000082407.

Empresa: Que Pido Hoy, S.L.

NIF: B27807502.

Concello: A Coruña.

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 7.11.2017.

3. Expediente: RL 2017/488-1.

Acta inf. nº: I152017000082710.

Empresa: Campus Coruña, S.L.

NIF: B15539315.

Concello: A Coruña.

Materia: relacións laborais.

Data da resolución: 10.11.2017.