Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 146/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Luz María Gómez Raposo contra a empresa Llegar y Llenar, S.L., sobre despedimento, se ditou dilixencia de ordenación, auto despachando execución e Decreto do 24 de novembro de 2017, impugnables en reposición no prazo de tres días, que se encontran á súa disposición na sede do xulgado.
E para que sirva de notificación en legal forma a Llegar y Llenar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Pontevedra, 24 de novembro de 2017
O letrado da Administración de xustiza