Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2017 Páx. 57662

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 11 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á resolución pola que se revisa a autorización ambiental integrada 2005/0101_NAA/IPPC_150 para a planta de fabricación de produtos químicos da industria do cloro-álcali situada na Marisma de Lourizán, no concello de Pontevedra. Titular: Electroquímica del Noroeste, S.A.U.

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de fabricación de produtos químicos da industria do cloro-álcali

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Electroquímica del Noroeste, S.A.U.

Expediente: 2016-IPPC-M-74

Localización: concello de Pontevedra

Data: 11.12.2017

Esta resolución poderá consultarse en http://cmaot.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático