Logo de advertir erros na alínea h) Clasificación, da cláusula 13.1 Sobre A. Documentación xeral, no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe nesta licitación,
DISPOÑO:
Realizar as modificacións oportunas no dito documento. O texto corrixido poderá consultarse no seguinte enderezo da internet:
http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=219208
O anuncio desta rectificación enviouse ao Diario Oficial de la Unión Europea o 14 de decembro de 2017 e anunciarase igualmente no Boletín Oficial del Estado.
O novo prazo de presentación das ofertas rematará ás 19.00 horas do 23 de xaneiro de 2018.
Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2017
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria