Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2017 Páx. 57564

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

El Progreso de Lugo, S.L.

ANUNCIO da convocatoria do XXV premio xornalístico Puro Cora.

O premio xornalístico Puro Cora creouse co obxectivo de estimular as iniciativas individuais que, en calquera das súas facetas, contribuisen a ennoblecer o papel dos medios de comunicación, tanto a nivel nacional como internacional e con anterioridade a esta convocatoria.

O resultado do premio farase público o día 2 de febreiro de 2018, en Lugo, e está dotado con 10.000 euros.

Correspondencia a El Progreso de Lugo, S.L., r/ Ribadeo, 5, 27002 Lugo.

Lugo, 18 de decembro de 2017

Blanca García Montenegro
Presidenta