Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2017 Páx. 57534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos da Asociación de AGACSI-Asociación Patronal de Clínicas sin Internamiento de Galicia co número 82100001.

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se depositaron os estatutos de AGACSI-Asociación Patronal de Clínicas sin Internamiento de Galicia, co número 82100001, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser membros todos os empresarios ou empresas cuxa actividade estea incluída nos ámbitos territorial e profesional dela, conforme os requisitos e procedementos establecidos nos presentes estatutos.

Asinan a acta de constitución: Manuel Eduardo López Ojen en representación de Asistencia Sanitaria Sistens, S.L., Ángel Gabieiro Quiroga en representación de Centro de Fisioterapia San Lázaro, S.L., Ramón Javier Carral López en representación de Sermupa, S.L., Roberto Eloy Rueda Rúa en representación de Centro Gallego de Rehabilitación, S.L., Ana Isabel Villaverde Brea en representación de Servinor Prevención, S.L., José Manuel Vázquez Álvarez en representación de Clínica de Fisioterapia Casiano, S.L., Ana Barreiro Núñez en representación de Rafael Arriaza y Asociados, S.L. e Francisco Javier Atanes Pérez en representación de Clínica Santo Domingo de Lugo, S.L.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego