Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2017 Páx. 57516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente PO-2017/00162 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na Xefatura Territorial de Pontevedra, sita na avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Pontevedra, 17 de novembro de 2017

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE/pasaporte

PO-2017/00162

Mª Luisa Rial Miranda

Daniel Garrido Avendaño

53113470F

53175114B

PO-2017/00129

Mario Camiña Iglesias

Ana Belén Pérez Bouzada

36113917F

76819066D