Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2017 Páx. 57550

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de implantación e posta en funcionamento do proxecto Primare-Lonxas, cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) (expediente 2017/PA/0054).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o servizo de implantación e posta en funcionamento do proxecto Primare-Lonxas, consistente na coordinación, xestión, seguimento e monitorización das actividades e proxectos incluídos no acordo de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o financiamento e sustentabilidade do Proxecto de modernización tecnolóxica das lonxas.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 1.8.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: 181.818,17 €.

5. Orzamento base de licitación: 181.818,17 €, máis 38.181,81 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 219.999,98 € (douscentos dezanove mil novecentos noventa e nove euros con noventa e oito céntimos).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 16.11.2017.

b) Data de formalización do contrato: 27.11.2017.

c) Contratista: Ernst & Young, S.L.

d) Importe de adxudicación: 180.399,99 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia