Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2017 Páx. 57481

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación dun posto de coordinador/a de área de atención primaria (docencia), realizada mediante a Resolución LD-08/2017, do 15 de setembro (Diario Oficial de Galicia número 194, do 11 de outubro).

Convocada pola Resolución LD-08/2017, do 15 de setembro (DOG nº 194, do 11 de outubro), a provisión dun posto de coordinador/a de área de atención primaria (docencia), polo sistema de libre designación, esta Xerencia de Xestión Integrada, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; polo Decreto 193/2010, do 18 de novembro, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Ferrol; pola Orde do 28 de setembro de 2011, pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Ferrol e se delegan competencias nos seus órganos directivos, e pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de coordinador/a de área de atención primaria (docencia), realizada mediante a resolución LD-08/2017, do 15 de setembro (DOG nº 194, do 11 de outubro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo á presente resolución.

Terceiro. De conformidade coa base décimo primeira da convocatoria, o candidato nomeado será avaliado, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ferrol, 23 de novembro de 2017

Ángel José Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

Posto de traballo: coordinador/a de área de A.P. (docencia).

Nome e apellidos: M. Portal González Lorenzo.

DNI: *****646R.