Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2017 Páx. 57554

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a licitación da contratación do servizo de vixilancia e seguridade do Hospital de Verín e do Hospital do Barco de Valdeorras (expediente AB-EIO1-17-009).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos. Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: Casetas de Administración. Planta baixa. Rúa Ramón Puga, 52-54.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Telefono: 988 38 59 50.

5º. Fax: 881 54 70 69.

6º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

d) Número do expediente: AB-EIO1-17-009.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de vixilancia e seguridade do Hospital de Verín e do Hospital do Barco de Valdeorras.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 79710000-4 e 79714000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver número 6.5.1. do PCAP.

4. Valor estimado do contrato: 1.504.132,24 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 578.512,40 €. Importe total: 700.000 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo M, subgrupo 2 e categoría C/3 ou superior.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusulas 6.6.2.f) e g) do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 9.1.2018.

b) Lugar de presentación:

Dependencia: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Domicilio: Edificio Santa María Nai, soto 3, rúa Ramón Puga, 56.

Localidade e código postal: Ourense 32005.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, rúa Ramón Puga, 52.

b) Localidade e código postal: Ourense 32005.

c) Data e hora: a apertura dos sobres B e C publicarase no perfil de contratante.

10. Gastos de publicidade: si, serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 1.12.2017.

12. Outras informacións:

Ourense, 1 de decembro de 2017

Dionisio López Bellido
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras