Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2017 Páx. 56909

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2017 pola que se dá publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 14 de marzo de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 62, do 29 de marzo) pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade de publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas coa indicación da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 14 de marzo de 2017 (DOG núm. 62, do 29 de marzo) pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017, con cargo ás aplicacións orzamentarias 10.21.433A.770.0 e 10.21.433A.781.2, segundo o anexo I desta resolución.

Segundo. Desestimar o resto das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde o 14 de marzo de 2017, que se recollen no anexo II desta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Solicitante

Actuación

Subvención concedida

Aplicación orzamentaria

Obras y Decoraciones Galicia, S.L.

Escavación arqueolóxica en área nos edificios número 10 da praza Maior e número 9 da rúa Doutor Castro, Lugo

1.873,08 €

10.21.433A.770.0

JGV Fitoplas, S.L.

Escavación arqueolóxica en área dos inmobles número 21 e 22 da praza de Santo Domingo, Lugo

8.000,00 €

10.21.433A.770.0

Felix José Pedrouzo Vázquez

Control arqueolóxico das obras de rehabilitación, ampliación e cambio de uso do edificio número 35 da praza Maior, Lugo

1.524,60 €

10.21.433A.781.2

Pablo Gómez Casas

Control arqueolóxico das obras de remoción de terras vinculadas á construción de vivenda unifamiliar Mouromorto, San Xoán de Calo, Teo

   408,38 €

10.21.433A.781.2

Ana Belén Castro López

Control remoción de terras e apertura de oco de ascensor no soar número 24 da praza Campo Castelo, Lugo

   907,50 €

10.21.433A.781.2

Daniel Fernández Troncoso

Control arqueolóxico de movemento de terras para construción de vivenda unifamiliar no Castelo, Chaín, Gondomar

   449,22 €

10.21.433A.781.2

Alberto Rouco García

Sondaxes arqueolóxicas manuais nun soar da subida a Torroso, Salcidos, A Guarda

2.847,38 €

10.21.433A.781.2

ANEXO II

Solicitante

Actuación

Causas

A Courela Promociones, S.L.

Control arqueolóxico de movemento de terras na parcela 1 do predio na Magdalena, Ribadelouro, Tui

Incumprimento dos artigos 7 e 8 da Orde do 14 de marzo de 2017