Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia do acordo de inicio do procedemento sancionador en materia de vivenda.
O acto obxecto de notificación foi adoptado polo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Coruña.
A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.
A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 29 de novembro de 2017
Susana Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
Expediente |
Persoa interesada |
DNI/NIE/NIF |
VP-C 209/17 |
Cristian López Rodríguez |
...841Z |