Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2017 Páx. 56894

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento

ANUNCIO de licitación do contrato de subministración de setenta e tres traxes de intervención.

A Presidencia do Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, mediante Resolución da Presidencia, do 8 de novembro de 2017, aprobou o expediente de contratación do dito anuncio coas seguintes especificacións:

1. Entidade adxudicadora: Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento.

2. Obxecto do contrato: subministración de 73 traxes de intervención.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto, varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total sen IVE: 93.513,00 €. IVE (21 %): 19.637,73 €. Importe total con IVE: 113.150,73 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: do 5 % do prezo de adxudicación, excluído o IVE.

6. Presentación das ofertas:

a) Prazo de presentación de ofertas: vinte e un (21) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Lugar de presentación:

Dependencia: Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento. Domicilio: avenida Montero Ríos, s/n. Localidade e código postal: Pontevedra 36071.

7. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra. Enderezo: avenida Montero Ríos, s/n.

b) Localidade: Pontevedra 36071.

c) Data e hora: serán publicadas no perfil do contratante do Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento.

8. Gastos de publicidade:

Serán por conta do adxudicatario.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.depo.es/es/consorcio-provincial-de-bomberos

http://www.contratosdegalicia.es

Nº de expediente: S/A/2017/1.

Pontevedra, 15 de novembro de 2017

Mª del Carmen Silva Rego
Presidenta do Consorcio Provincial de Pontevedra
para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento