Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2017 Páx. 56830

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, das obras de adaptación do complexo do antigo hospital xeral como futura Cidade da Xustiza de Vigo (fase II), polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto e adxudicación baseada en multicriterios.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 47 32/981 54 12 22 e información de índole administrativa 981 54 45 17/981 54 45 48.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correos electrónicos:

contratacion.vicepresidencia@xunta.gal

emilio.jose.iglesia.lema@xunta.gal

juan.pintos.martinez@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=226134

8º. Data límite da obtención de documentación e información: ás 14.00 horas do día 8 de xaneiro de 2018.

d) Número do expediente: 2018-OBRSE 02-MP.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de obras.

b) Descrición: segunda fase das obras de adaptación do complexo do antigo Hospital Xeral-Cíes na cidade de Vigo, como futura Cidade da Xustiza.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución:

1º. Domicilio: antigo complexo do Hospital Xeral-Cíes na rúa Padre Feijóo de Vigo.

2º. Localidade e código postal: Vigo 36204.

e) Prazo de execución: 21 meses contado desde o día seguinte ao da data da acta de comprobación da implantación.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 45000000 e outros máis. Ver cláusula 2.1.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 25.907.472,72 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 23.552.247,93 €.

b) Importe total: 28.498.220,00 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: nesta contratación resulta exixible a seguinte clasificación:

Real decreto 773/2015, do 28 de agosto. Grupo C. Subgrupos: 1 a 9. Categoría: 6.

Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro. Grupo C. Subgrupos: 1 a 9. Categoría: f.

b) Solvencia económica e financeira para empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea: a solvencia económica e financeira xustificarase mediante o volume anual de negocios (artigo 75, punto 1.a) do texto refundido da Lei de contratos do sector público), segundo o indicado no contido do punto 8.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional para empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea: a solvencia técnica e profesional deberá acreditarse polo medio establecido no artigo 76, letra a) do texto refundido da Lei de contratos do sector público, segundo o indicado no contido do punto 8.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 8 de xaneiro de 2018, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral da Xunta de Galicia no Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo de San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contado desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sala D do Complexo Administrativo de San Caetano. Edificio da Pirámide.

b) Dirección: Complexo Administrativo de San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: o primeiro acto público, apertura do sobre nº 2 «Documentación acreditativa dos criterios non avaliables mediante a aplicación de fórmulas», terá lugar ás 12.30 horas, o día 18 de enero de 2018. O lugar, día e hora do segundo acto público, lectura da avaliación do sobre nº 2 e da apertura do sobre nº 3 «Documentación acreditativa dos criterios avaliables mediante a aplicación de fórmulas», indicaranse oportunamente no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 28 de novembro de 2017.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza