Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2017 Páx. 56840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 183/2017, interposto por Luis Francisco Núñez Desiré.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra a dilixencia de ordenación do 26 de xuño de 2017 pola que se ordena a remisión do expediente e o emprazamento das persoas que puideren resultar afectadas pola resolución do recurso contencioso-administrativo P.A. 183/2017, interposto por Luis Francisco Núñez Desiré contra a Resolución do conselleiro de Facenda, do 12 de abril de 2017, pola que se inadmite o recurso extraordinario de revisión contra a Resolución do 2 de decembro de 2005, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala de veterinarios, convocado pola Orde do 29 de decembro de 2004, pola que se se publicou a puntuación definitiva da fase de concurso.

En consecuencia e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, notifícase para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra no prazo de nove días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública